[FEMINISMOS] Fanzines pra a Casinha da Felicidade!

Bo día :)

Como algunhas xa sabedes, en Tomiño algunhas compas estamos no proxecto da Casinha da Felicidade, fiando unha convivencia e facer feminista e con moita vontade e ilusión (tamén de recibir visitas!)

Un dos proxectiños que temos na casa é comezar unha distribuidora de fanzines feministas, tanto que aborden directamente o feminismo como que extendan ese posicionamento sobre o contido.

Así que este é un chamamento a todas as que queirades colaborar facéndonos chegar fanzines pra multiplicar e espallar! Estaremos encantadas de recibilos e ademais, de que leven o voso rastro. E nestes días, coas Letras en camiño, gostaríamos moito de que as que queirades nos fagades chegar especialmente fanzines en galego (en calquera normativa e lingua irmá), porque estamos vendo a posibilidade de sacar un stand á rúa na vila (así que teríamos que conseguir telos nas nosas mans nos próximos días), e porque ademais é un material valioso! ;) 

As interesadas podedes contactarnos no mail casinhafelicidade@gmail.com e no meu teléfono: 625535705 

Unha aperta grande!
Mai. 


0 Response to "[FEMINISMOS] Fanzines pra a Casinha da Felicidade!"

Postar um comentário