[FEMINISMOS] FW: Contos para a alegría e o bo trato para nenas - Contos de sabedoría para mulleres

Por se é do vosso interese... beijinhos!


Mari Fidalgo

"É possível destruir a casa do amo com as armas do amo?"
Audre Lorde



Date: Thu, 15 May 2014 16:27:46 +0200
From: obradoirosdoreencontro@gmail.com
To:
Subject: Contos para a alegría e o bo trato para nenas - Contos de sabedoría para mulleres


Benqueridiña


Envíoche a invitación para dous obradoiros de CONTOS DE SABEDORÍA: u
n obradoiro para nenas de 6/7 anos a 12/13 anos, e outro para mulleres adultas. É o primeiro espazo que convoco para nenas e estou feliz de facelo. Algunhas mamás mo levan pedindo desde hai tempo e eu sinto que, como muller adulta, teño a responsabilidade -con outras mulleres- de ofrecer ferramentas ás nosas nenas... Por iso este espazo...

En arquivo aparecen as tarxetas de invitación para un e outro obradoiro, coas datas e demais información.

 

Os contos de sabedoría son contos especiais. Son contos que nos ensinan a atravesar as feridas da alma, esas feridas da infancia que se converten en guións de vida. Son contos que  transmiten ferramentas para atopar sentido, para adquirir coñecemento e consciencia. Son, polo tanto, contos para a transformación e o bo trato.  

 

1)    O obradoiro para nenas: sábado 7 de xuño

 

É un obradoiro de catro horas: imos ter un espazo introdutorio para as nenas e as mulleres que as acompañan, un espazo de obradoiro para as nenas e paralelamente un espazo de diálogo para as acompañantas, e ao remate poñeremos en común.

 

Polo tanto, cada nena ha de vir acompañada por unha muller adulta: a súa nai, a súa tía, a súa avoa, a súa madriña, unha irmá maior, unha amiga-adulta...

 

A tarxeta de convocatoria é intencionadamente sinxela para que lla poidas ensinar á nena que queiras invitar.

 

Para apuntarse (ou para calquera información), cómpre chamar ao 639 20 36 69 (Tareixa) antes do venres 30 de maio.

 

 

2) O obradoiro para mulleres adultas:

 

É para mulleres que xa participaron nalgún outro obradoiro así que, neste caso, non fagas extensiva a invitación.

 

Para apuntarte podes mandar un correo-e ou tamén chamar antes do venres 06 de xuño.

 

Ben, pois unha apertiña compañeira.


   Tareixa.











Este mensaje no contiene virus ni malware porque la protección de avast! Antivirus está activa.


0 Response to "[FEMINISMOS] FW: Contos para a alegría e o bo trato para nenas - Contos de sabedoría para mulleres"

Postar um comentário