[FEMINISMOS] Xornada de Empoderamento





Reenvío info da Xornada de Empoderamento que terá lugar o próximo Domingo 11 de Maio, organizada pola Casinha da Felicidade e Lésbicas Creando. Haberá sitio para ir de carro dende Compostela. 
Máis información en http://lesbicascreando.wordpress.com/
Grazas por difundir!

11h - 13h | Autoerotismo. Un encontro para intercambiar ideas e experiencias, e explorar a relación sexual e amorosa con nós mesmas.

A masturbación é a relación sexual e amorosa máis longa que podemos ter. É a forma de coñecer a nosa propia xeografía, para viaxarnos por pracer e compartir os mapas con quen desexemos. Neste encontro partiremos do proxecto colectivo "Masturbación e Boas Linguas", para intercambiar pensamentos, sensacións, experiencias... Dende unha perspectiva positiva da sexualidade.


17h - 20h | Autodefensa para mulleres (e outras identidades nas marxes). Potenciando a lexitimidade e capacidade de resposta.

A autodefensa como sabedoría e capacidade que xa posuimos, e podemos potenciar individualmente e en alianza con outras; como disposición na nosa realidade cotiá; como adestramento e técnicas de defensa persoal; como actitude, como lexitimidade e sororidade.


Facilitadoras:
Mai Insua, Psicóloga especializada en sexualidade e xénero, formadora e tapersera en Los Placeres de Lola.
Cristy Tojo, 3º Dan de Karate, Directora do Departamento de Arbitraxe da Federación Galega de Karate, e do Clube Deportivo Avalon Kai.

Organizan:
A Casiña da Felicidade (molaba que fixérades un loguiño coa casiña :) )
Lésbicas Creando

Prezos:
Autoerotismo 5€
Autodefensa 10€

Esperámosvos!!


Lésbicas Creando 
Empoderamento, acción social e artística
Mai Insua 625535705 · Paulina Funes 662438094

 



--





0 Response to "[FEMINISMOS] Xornada de Empoderamento"

Postar um comentário