[FEMINISMOS] Obradoiro: Escribir en Feminino Ourense


Boas!
para que vos animedes e convidedes ás que lles poda interesar...

Será o sábado 5 de abril no local de Escua (Praza da Estrela)
Escribídenos coa vosa dispoñibilidade (mañá, tarde?) e se tedes calquera dúbida ou curiosidade
Contacto: beatrix_gz@hotmail.com

Abaixo deixamos toda a información para que lle dedes difusión :)
Gracias!

_______________________________________________________________________

 
 

Obradoiro ESCRIBIR EN FEMININO (Ourense) - 5.04.2014

 
Taller: Escribir en feminino
Organiza: Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto
Coordina: Coralie Yap-Chine, La Petite Plume & La Piccola Piuma
Data: 5 de abril de 2014.
Lugar: Ourense
Horario: Das 11h00 ás 13h30
Prezo: 3,50 € / participante
Idiomas: libre
Aforo máx.: 20 persoas. Imprescindible inscripción previa en http://lapetiteplume.jimdo.com/ (antes do xoves 3 de abril)
Para moitas autoras, o proceso de conquista da escritura ao longo da historia ten estado íntimamente ligado á conquista do seu propio corpo. Non hai dúbida de que dende que a muller irrumpiu sien trabas na escritura, parafraseando á investigadora Béatrice Didier, quelque chose a changé. Algo mudou. As mulleres temos mudado a través do proceso exixente de reflexión inherente á creación literaria (o que a feminista francesa de orixe arelino Hèlène Cixous chamaba a tentativa por comprender dende dentro [do corpo]), e as verbas que as mulleres escribiron, seguen y seguirán escribindo nos libros, cambian a realidade. Neste senso, escribir é actuar.
 
Este obradoiro organizado en colaboración coa Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto será un simple espazo de reflexión para aquelas mulleres desexosas de compartir a través da escritura a súa relación co corpo, sen trabas nin ataduras. Todos os textos producidos durante a sesión serán recompilados e publicados despois en formato dixital.

Animádevos e difundide!!
Moitas gracias e saúdos :)



0 Response to "[FEMINISMOS] Obradoiro: Escribir en Feminino Ourense"

Postar um comentário