[FEMINISMOS] Autodefensa para mulleres

Compitas, 

Cóntovos que este ano temos tamén a posibilidade de asistir a autodefensa no Avalon Kai (na zona do Sar). É o ximnasio dunha colega, Cristy, que é Karateka, subcampeona do Estado Español e árbitra (unha das máis xovenciñas) a nivel estatal. A verdade é que ela controla moito do seu, e ademais é boa profe e moi maja. As aulas son os mércores de 19h a 20h, e o prezo 15€ ao mes.

No ximnasio tamén hai outras actividades, e ela ofrece "Autodefensa para mulleres" en lugar de "Autodefensa feminista" porque aínda que ten un posicionamento con contido de xénero, asume que ten que facer traballo colectivo feminista para poder imprimirlle esa perspectiva a toda a formación, e ela mesma non ten experiencia en autodefensa feminista. Mais é totalmente aberta nas aulas a plantexar todas as cuestións, e ir dando a formación en función do que plantexemos.

Temos o proxecto de nalgún momento confluir e preparar algún obradoiro xuntas, para facer unha xornada de autodefensa feminista (todas as vosas aportacións son benvidas!). Mais o que de momento está xa a funcionar son estas aulas dos mércores :)

Compartide coas mulleres que consideredes, e que nos vexamos para facernos máis ninjas!!

Déixovos un agasalliño da miña axenda feminista nesta semana: 

(...) Hay que moverse en manada, una mujer sola es una mujer; dos, un par de locas; tres, una tormenta; más de tres, el miedo en los ojos del lobo asustado (...)


0 Response to "[FEMINISMOS] Autodefensa para mulleres"

Postar um comentário